O Maratón de fútbol sala Festas do Carme e Fraga terá lugar o 12, 13 e 14 de xullo
Nova edición do tradicional Maratón de fútbol sala Festas do Carme e Fraga, que se disputará do 13 ao 15 de xullo, na pista de Santa María nas Pontes.
Como é habitual o Maratón disputarase nas categorías masculina, feminina e veteranos, onde tamén volverán contar coa zona de acampada para todas as persoas interesadas.
A inscrición na categoría masculina será de 100 euros e terase que abonar antes do 10 de xullo, nunha categoría onde hai 1.200 euros e trofeo para os campións, 500 euros e trofeo para os segundos, e 100 euros e trofeo para os terceiros e cuartos.
As inscricións na categoría feminina e veterán será de 50 euros e como premios levarán 300 euros e trofeo para os campións, 150 euros e trofeo para os subcampións, e trofeos para os terceiros e cuartos. A organización informa, ademais, que para ser posible a categoría feminina fai falta un mínimo de seis equipos participantes.
Haberá tamén premio especial en cada categoría en forma de trofeo ao mellor xogador e mellor porteiro.
O sorteo do calendario de competición terá lugar o 11 de xullo, ás 20:30 horas, no pavillón Municipal das Pontes.