O mariñao Xaime Miranda recibe un novo premio polo seu traballo

TerraChaXa | LugoXa
19 Nov 2019

A peza audiovisual De Bruma e Salitre, do grupo Mileth, vén de facerse co premio do xurado ao mellor videoclip no Festival Curtas Armadiña de Poio.

Cómpre lembrar que De Bruma e salitre, dirixido polo mariñao Xaime Miranda e con Iago Vilarinho como director de fotografía, acadou este ano o recoñecemento en varios festivais nos que se alzou co primeiro premio, como son o Festival de Cine Internacional de Ourense ou o Festival Internacional Primavera do Cine de Vigo.

Este videoclip é unha mostra máis dos numerosos traballos audiovisuais rodados na Mariña polo realizador Xaimer Miranda, quen ten feito clips para bandas como Dios ke te Crew, Heredeiros da Crus, Oh! Ayatollah, Familia Caamagno ou Basanta, entre outros.

0.17940306663513