O martes comezan as obras nos aparcadoiros do Poboado da Magdalena

TerraChaXa
O Concello das Pontes iniciará o martes 1 de xuño os traballos de renovación de dúas zonas de parcadoiro no poboado da Magdalena.
aparcamento poboado magdalena
30 May 2021

O Concello de As Pontes iniciará o próximo martes,  1 de xuño os traballos de renovación de dúas zonas de  parcadoiro sitas no poboado da Magdalena co  obxectivo de mellorar a seguridade viaria, accesibilidade e comodidade da veciñanza. As obras teñen un orzamento de  27.690 euros, financiados con fondos propios.

Os espazos que se someterán a estas melloras serán o aparcadoiro que limita coa rúa Mañón e localizado ao carón da rúa Fene. En ambos lugares procederase á renovación da capa de rodadura mediante a achega dun rego termo-adherente e aglomerado asfáltico en quente. Entre os traballos previstos tamén se inclúe a posta a nivel das arquetas existentes e o pintado das zonas de estacionamento e  a renovación da sinalización horizontal.

Recórdaselle a veciñanza a imposibilidade de estacionar neses espazos durante o período de execución das obras. Desde o Concello pídeselle desculpas á veciñanza polas as molestias que poidan ocasionar estes traballos.

0.15182995796204