O Máster de Futbolín de Rábade celebrarase entre o 18 e o 20 de abril

TerraChaXa
Parellas de toda España reuniranse no tradicional Máster de Futbolín de Rábade os días 18,19 e 20 de abril no torneo que reparte uns 10.
WhatsApp Image 2019 02 25 at 10.56.00
3 Mar 2019

Parellas de toda España reuniranse no tradicional Máster de Futbolín de Rábade os días 18,19 e 20 de abril no torneo que reparte uns 10.000 euros en premios, segundo avanzaron desde a organización, para facer coincidir un ano máis esta celebración coa Semana Santa.

Trátase da 22 edición. O número de participantes calcúlase que será como outros anos, aínda que as incripcións, que previsiblemente custaránn 25 euros por persoa, pecharán días antes do torneo. Xogarase no pavillón do colexio, e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.

No máster hai as modalidades para tres niveis de parado, movemento, combinada, feminina e infantil. As categorías reinas recibirán como premios 1200 euros e a estancia do ano que vén no Coto Real, as demás categorías repartiranse premios monetarios e roupa deportiva.

Haberá tamén os trofeos Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular e o trofeo David García, para o mellor porteiro.  

A organización fará a presentación do Máster o 9 de marzo, data na que se fará público o cartel do evento.

WhatsApp Image 2019 02 25 at 10.56.00(1)
0.20496010780334