O Máster de futbolín de Rábade celebrarase na ponte de outubro
Con motivo da alerta sanitaria en Galicia e do estado de alarma a nivel nacional, o XXIII Máster Nacional de Futbolín de Rábade non se celebrará nas datas previstas para o mes de abril, concretamente o 9, 10 e 11, coincidindo, como é tradición, coa festividade da Semana Santa.
O torneo foi aprazado para a fin de semana do 1 ao 11 de outubre, a fin de semana do Día da Hispanidade e escolleuse esta data para deixar o luns festivo e facilitar os traslados unha vez rematado o torneo, que se desenvolverá novamente durante tres xornadas.
No torneo, que reparte uns 10.000 euros en premios, participarán previsiblemente máis de 300 parellas e as incripcións custarán 25 euros por persoa, e pecharán o día 8 ás 14.00 horas.
Como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis e xogarase no pavillón do colexio, e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.
O Gran Máster Nacional de Futbolín repartirá un total de 10.000 euros en premios. O maior será o de campión en movemento que este ano estará dotado de 1.400 euros e trofeo, mentres que o de parado recibirá 1.200 euros. O resto de premios, ata un total de 22, oscilarán entre os 700 e os 50 euros.
Ademais os trofeos serán diferentes xa que se elaboran para cada torneo e terán un deseño exclusivo e orixinal.
Tamén contarán co trofeo Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular, o trofeo Concellería de Deportes para o mellor xogador, o trofeo Concello de Rábade para a mellor xogadora e o trofeo David García, para o mellor porteiro.
O mércores 8 de abril darase o pistoletazo de saída coa presentación do evento ás 12.00 horas e o sorteo de equipos ás 15.00 horas.
As competicións iniciaranse o xoves 9 a partir das 16.00 horas coa modalidade infantil e de parellas cegas ás 17.30 horas.
O venres 10 será o día adicado ás modalidades en parado e feminina e darán comezo ás 12.00 horas.
O sábado 11 ás 10..30 horas será a quenda da de movemento e as finais serán a partir das 21.00 horas.