O Meira CF preséntase diante da súa afección co II Trofeo Huertas Big Mat

TerraChaXa
Será hoxe, venres 5 de setembro, no campo da Lomba a partir das 20.45 horas
trofeo-huertas-big-mat-meira
5 Sep 2025

O Meira CF celebrará hoxe venres, 5 de setembro, a súa presentación oficial da tempada cun encontro amigable no Campo A Lomba. O rival será a SD Muimenta, equipo veciño que dará máis emoción a esta cita festiva.

O partido enmárcase no II Trofeo Huertas Big Mat, un torneo que se consolida como preludio da competición ligueira e que serve para poñer a punto ao cadro meirense.

A hora fixada para o encontro é as 20:45 horas, momento no que xogadores, corpo técnico e directiva se darán a coñecer diante da súa afección, nun acto que busca tamén fortalecer os vínculos entre o club e a veciñanza.

Dende a entidade destacan a importancia deste tipo de eventos, non só no aspecto deportivo, senón tamén como espazo de convivencia e apoio ao deporte local.

⚙ Configurar cookies
0.17891907691956