O Meira FC celebra o sábado 8 a festa de final de tempada
TerraChaXa
Na celebración, que dará comezo as 21.15 horas, haberá sesión vermú
Cartel do evento
5 Xuño 2024
Este sábado, 8 de xuño, terá lugar a celebración da festa da fin de tempada 23/24 do equipo de fútbol de Meira cunha cea-baile.
Na celebración, que dará comezo as 21.15 horas, haberá sesión vermú, para continuar coa cea unha hora despois.
No menú haberá xamón cocido, empanada, pementos de padrón, churrasco, criollo, sobremesa, pan, bebida e licores. O prezo é de 30 euros, pagando a metade os nenos de entre 7 e 12 anos, os menores desa idade irán de balde.
A sesión estará amenizada polo trío Merengue.