O Meira FC organiza o segundo torneo de fútbol sala

TerraChaXa
Desenvolverase os días 1, 2 e 3 de agosto no pavillón municipal e a inscrición está aberta
troneo-futbol-sala-meira
26 Jul 2025

Logo do éxito do ano pasado, o Meira FC, organizará un segundo torneo de fútbol Sala, que se desenvolverá os días 1, 2 e 3 de agosto no pavillón municipal de Meira.

O prazo de inscrición xa está aberto e ten un prezo de 150 puntos. Establecéronse cinco premios para 18 equipos. O campión recibirá 1.000 puntos, o segundo 500 e o terceiro e cuarto, 200 respectivamente. Ademais, haberá un premio ao mellor equipo local.

A organización establece un servizo de bar e bocadillos, así como unha piscina gratuíta na zona de acampada para os participantes.

Para máis información, debe chamarse ao teléfono 659 900 432.

⚙ Configurar cookies
0.10817384719849