O Meira FC xa está listo para dar comezo á nova tempada
O Meira FC ten xa deseñado o seu novo conxunto para disputar un ano máis e competición no grupo Norte de Segunda Autonómica. Trala presentación do adestrados, a primeiros de xuño, Ramón Labrada Cedrón, pola retirada de Lomba, o club apostou pola renovación. De feito renovan 17 dos 18 xogadores da tempada pasada: Alberto, Javi, Lolo, Pirata, Triunfante, Mateo, Marcos, Álex, Rubencín, Víctor, Iago, Jorge, Jesús, Farra, Seixos, Pirlo e Xuster.
O club tamén confirmou a continuidade de Iago Iglesias como segundo adestrador xunto a Labrada.
No capítulo de fichaxes, deuse a benvida a Alberte Lage, dianteiro e ao defensor Héctor Manuel Neira, ambos os dous do Riotorto. Súmanse tamén Alejandro Núñez Peque, Iván Pérez e Kevin Pierre, os dous do Pol. Ademais volve á súa casa Lourido, tras 22 anos no Riotorto, o mesmo que Miguel, que volve dende as filas do Pastoricense.