O memorial de atletismo de Rábade reuniou a 700 atletas
Nuno Costa e Edymar Abreu foron os gañadores na categoría absoluta da última edición do Memorial Eduardo Fernández Villamarín, que se disputou en Rábade e contou coa participación de 700 atletas.
O percorrido para os de categría absoluta constou dun circuíto no cal tiveron que dar dúas voltas e que discorreu a través da praza de España, alcalde Anxo Penas, Lope de Vega, Jesús Arias, Santa María, Gabriela Neto, Doutor Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, rúa do Ferrocarril, avenida de Galicia, Fernando Arias e praza de España.
Na competición absoluta na categoría masculina, o ganador foi o portugués Nuno Costa, que fixo o percorrido en 21.06 minutos. A segunda posición correspondéulle a Antonio Benito López con 21.19 minutos. O podio completouno Carlos Villamor, cun tempo de 21.35 minutos.
Na categoría feminina Edymar Abreu foi a primeira clasificada cun tempo de 24.45 minutos, seguida de María Jesús Coya con 25:58 minutos e Joselyn Brea completou o podio cunha marca de 26.34 minutos.
Na categoría A (nados entre 2011 e 2014), os gañadores foron Víctor Martínez, en segunda posición Gabriel García e Aitor Bruzos; mentres que a proba feminina gañou Sofía López por diante de Daniela Paz e Iria Enríquez.
Na categoría B (nados entre os anos 2007 e 2010), o gañador na proba masculina foi Hugo López, por diante de César Fouce e Uriel Veiga; e na proba feminina Lourdes García impúxose por diante de Adriana Rebolo e Mar Álvarez.
Na categoría C (nados entre os anos 2003 e 2006), o gañador masculino foi Samuel Castedo, despois Daniel Darriba e Joel López; mentres que na proba feminina dominou Paula Rodríguez, seguida por Ronsel Díaz e Daniela Rebolo.
As probas das categorías menores volveron congregar, un ano máis, a moitos deportistas novos e evidenciaron as ganas de competición deste deporte en Rábade.