O mercadiño dos venres de Burela reanúdase en nova a Torrentes

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que serán arredor de 25 postos de produtos alimentarios os que acudan o venres, 15 de maio, á reanudación do mercado semanal, tras o parón ocasionado polo estado de alarma.
Captura de pantalla 2020 09 02 a las 15.37.31
14 May 2020

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que serán arredor de 25 postos de produtos alimentarios os que acudan o venres, 15 de maio, á reanudación do mercado semanal, tras o parón ocasionado polo estado de alarma. O mercadiño cambia de ubicación e trasládase a Torrentes.

O rexedor dixo que “o Concello de Burela quere iniciar outra vez a tempada do mercado dos venres, un mercado que temos aquí dende fai moito tempo e que conta con grande cantidade de postos de diversas ramas, que penso que veñen contentos a Burela”.

Alfredo Llano explicou que “agora mesmo, definido pola normativa do estado de alarma, permiten nesta fase 1 a apertura destes mercados pero cunhas condicións que comezan pola cantidade de postos que poden ocuparse, que ven significando un 25% do que se viña facendo. Nosoutros temos aproximadamente cen ou cento quince postos, depende se é verán ou inverno. Polo tanto podemos ocupar 25 postos, de momento, a zona onde se vai instalar”. 

O alcalde engadiu que “estes postos teñen que ser relacionados coa alimentación, sexan froitas, verduras, cárnicas ou lácteos, pero todos eles teñen que ser preferentemente de produtos agroalimentarios. Hai moita xente que nos chamou dicindo que queren vir a Burela, tíñamos xa apuntados máis de 35 postos, pero loxicamente hai que limitar o espazo que temos ao 25%. Ao mesmo tempo, como non pode vir máis que a rama de alimentación, evidentemente aqueles que querían vir con apeiros, con roupa ou outras cousas non poden facelo polo momento”.

O rexedor sinalou que “o venres imos inaugurar a nova tempada do mercado. Hai que cumprir unha normativa estrita, moi rigorosa, con respecto ao estado de alarma. Hai que garantir unha serie de seguridades, unha serie de espazos, que non se poden facer máis que nun lugar enorme e con todas as garantías. Por esa razón, en principio, imos facelo en Torrentes. Imos cubrir toda unha rúa que vai ata a zona do Campón. Aí vai coller perfectamente, cun espazo de separación de seis metros entre cada posto. Vai haber unha grande cantidade de espazo para que haxa fluidez de todas as persoas que vaian alí a mercar ou a ver. Entón é o único lugar que agora mesmo cumpre os requisitos de centralidade, de espazo, de garantía de seguridade sanitaria e todo o que implica cumprir a normativa”.

Alfredo Llano engadiu que “imos probar. Agora virán aproximadamente 25 postos. Vanse levar para esa zona de Torrentes, non hai outra razón máis que a derivada do estado de alarma. Entón imos ver como se vai comezando, a ver se está bo tempo e ir perfilando e pensando que o mercado de Burela na súa integridade penso que beneficia e é bo para toda a veciñanza, e é unha forma de darse a coñecer e que sexa visitado por xente doutros lugares que sempre é positivo. Así que comezamos o venres e a ver que tal nos vai”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12239694595337