O Mercado Agroecolóxico A Estruga celebra o seu segundo aniversario en Vilalba

TerraChaXa
Será unha feira de produtos ecolóxicos que estará aberta ao público desde as 10:00 ata as 19:00 horas
mercado-ecoloxico-a-estruga
4 Jul 2025

Vilalba acollerá este domingo, 6 de xullo, a feira do segundo aniversario do Mercado Agroecolóxico A Estruga, coincidindo coa súa feira mensual na Praza de Abastos. A Asociación A Estruga organiza esta xornada de celebración cunha feira de produtos ecolóxicos que estará aberta ao público desde as 10:00 ata as 19:00 horas, ofrecendo unha ampla variedade de produtos de proximidade, sostibles e de alta calidade.

Esta feira converteuse nun punto de encontro para a veciñanza que aposta polo consumo responsable e o apoio ao pequeno produtor local, consolidándose como un espazo que promove a alimentación saudable e o coidado do medio ambiente.

A organización anima a toda a veciñanza a achegarse durante toda a xornada do domingo para coñecer de primeira man os produtos ecolóxicos dispoñibles e sumarse á celebración deste segundo aniversario na Praza de Abastos de Vilalba.

⚙ Configurar cookies
0.15426588058472