O Mercado de Nadal de Muimenta repartiu 15 dos 18 premios
A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informou de que apareceron un total de 15 dos 18 vales de cen euros correspondentes á XIII Mercado de Nadal, no que se repartiron 18.000 rifas entre todos os clientes que tiveron os 29 negocios que participaron nesta edición.
O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 41.665. Polo tanto, as 18 papeletas que se repartiron, rematadas en 665, son agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas.
As gañadoras repartíronse en Desexos, Perriquería Velica, Docería Anllo, Super Setti (2), Óptica Filo, Estación de Servicio Lagas, Supermercado A Tenda, Asesoría Suliña, Perruquería Oferial, Bar Alvariño, Panadería Hermo (2), Farmacia Castaño, Frutería Novo, Librería Díaz, Perruquería Raquel e Discoteca Hermo.
Dos 18 agraciados, apareceron 15 que teñen de prazo un mes para gastarse o seu vale nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta.
Os premios repartíronse do seguinte xeito: