O Mercado medieval en Alfoz xa ten datas
O Mercado medieval en Alfoz celébrase o terceiro fin de semana do mes de xullo. O Mercado de temática medieval se ambienta no 1483, ano no que foi apresado o Mariscal don Pedro Pardo de Cela nas inmediaciones da Torre do Homenaxe do Castelo do Castro, que está asentado nun castro celta, e recrea un mercado da época con produtos de alimentación e artesanía dos distintos sectores que convivían na zona da Mariña Lucense, onde cabo destacar un antigo horno de pan no que se coce pan e fanse talleres para nenos.
Hai distintos personaxes da época, Xoana a Beltranexa, o Mariscal e a súa familia, o bispo e o clero, guerreiros, e vasallos entre outros.
Outras actividades que ambientan estas xornadas son as seguintes: ruta de senderismo, exposicións no interior da Torre, misa en latín, representacións teatrais varias, espectáculos de rúa, malabares, monigotes, conta contos, vodas medievais, exposición e exhibición de aves rapaces, xogos medievais ecuestres, tiro con arco, degustación de produtos e para terminar o evento, nunha zona habilitada preto da torre, celébrase unha cea medieval, queimada e concerto de música folk