O mércores 12 haberá un punto de recollida de datos sobre o parque de Satrebares en Guitiriz

TerraChaXa
Será no Salón de Plenos e contará coa presenza do persoal técnico contratado polo Concello
Imaxe recurso de eólicos
6 Feb 2025

O Concello de Guitiriz habilitará o seu único punto oficial de recollida de datos sobre o parque eólico Satrebares o próximo mércores, 12 de febreiro. Será no Salón de Plenos do Concello de 9:30 a 14:00 horas.

Estará presente o persoal técnico contratado polo Concello. A veciñanza poderá indicar onde se atopan as súas traídas de auga, fontes, mananciais ou outros puntos de recollida de auga que se poidan ver afectados.

Ademais, e tal e como se comunicou, desde o luns 3 de febreiro habilitouse no Concello de Guitiriz un punto informativo para consultar os bens afectados polo parque eólico Satrebares.

Os mapas e o listado de bens afectados están á disposición da veciñanza para a súa consulta na Casa do Concello, sendo preciso coñecer a referencia catastral. Os veciños e veciñas tamén poden preguntar ao persoal da oficina sobre este asunto.

0.17096185684204