O mércores abre a piscina de Castro de Rei
TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei anunciou que a piscina abrirá do 1 de xullo ao 15 de setembro todos os días de 12.
30 Jun 2020
O Concello de Castro de Rei anunciou que a piscina abrirá do 1 de xullo ao 15 de setembro todos os días de 12.00 a 20.00 horas.
O Concello fixo este anuncio tralas múltiples preguntas realizadas polos veciños dada a situación sanitaria. O que si haberá serán novas normas este ano como o uso de máscara cando non se poda respectar a distancia de seguridade, os vestiarios estarán pechados e o aforo estará controlado.
Os representantes municipais insisten en respectar a distancia de seguridade dun metro tanto dentro como fóra da auga. da mesma forma que aseguran que se fará a limpeza e desinfección das instalacións de forma continuada e haberá xel hidroalcólico de uso xeral.
Do mesmo xeito manteranse as normas habituais de uso das piscinas.