O Miteco lanza as axudas para os concellos de transición xusta como As Pontes
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) publicou no BOE a Orde sobre as bases reguladoras do programa de axudas a entidades locais do Plan de Infraestruturas públicas nas zonas de Transición Xusta do Instituto para a Transición Xusta (ITJ). Tamén se publicou a convocatoria de axudas asociada, dotada con 25 millóns de euros, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). En Galicia, os dous CTX de Meirama e As Pontes benefician a 19 municipios.
Poderán optar a recibilas, en réxime de concorrencia competitiva, os 197 municipios situados en zonas incluídas nos procesos dos convenios de transición xusta co fin de brindar unha nova oportunidade a proxectos elixibles presentados polos entes locais na anterior convocatoria que tiñan a calidade técnica necesaria e que non resultaron adxudicatarios debido ao importante nivel de participación alcanzado e ao límite orzamentario.
As subvencións irán dirixidas a financiar o custo de execución de proxectos en inmobles e espazos públicos e bens de dominio público. Permitirán a rehabilitación e transformación para novos usos de bens, espazos e terreos de titularidade pública, que reforcen o compoñente social, ambiental e dixital dos espazos públicos ou axuden á creación doutros novos.
Os beneficiarios poderán ser entidades locais, deputacións e comunidades autónomas uniprovinciales que desenvolvan proxectos en municipios das zonas de transición xusta. A convocatoria articularase por xestión centralizada do ITJ. O máximo financiable por actuación será do 100% dos custos, a través fondos europeos articulados mediante o componete 10 do PRTR.
O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 20 de xaneiro de 2024 e publicarase na páxina Web do ITJ.
INFRAESTRUTURAS SOCIAIS, DIXITAIS E AMBIENTAIS
Entre as tipoloxías de actuacións elixibles pola convocatoria incluíronse, entre outras, a rehabilitación de edificios, aldeas, poboados ou outros tipos de infraestruturas para novos usos de carácter social; a prestación de servizos públicos ou a mellora do acceso a vivendas; os espazos destinados ao coidado das persoas ou para favorecer a corresponsabilidade familiar; a vivenda social e as vivendas para novos poboadores.
Tamén a innovación dixital e a promoción do emprendemento e o desenvolvemento económico, como espazos de emprendemento e/ou fomento da investigación e innovación, ou para aproveitamento de recursos propios do territorio e o desenvolvemento turístico. Os centros de recualificación profesional ou recuperación do patrimonio e infraestruturas industriais e mineiras para fins culturas, recreativos ou turísticos incluiranse entre as actuacións financiables.
Aceptaranse proxectos de infraestruturas ambientais para a posta en valor do medio natural, a mellora de servizos ambientais e a rexeneración das zonas, como o acondicionamento ou realización de camiños, carreiros e paseos fluviais para a recuperación do patrimonio e recursos naturais, así como a creación de infraestruturas verdes e azuis, como, por exemplo, áreas de interpretación da natureza.
Adicionalmente, poderán recibir axudas os proxectos de creación de hortos urbanos/comunitarios, a creación de plantas de compostaxe ou plantas de provisión de biomasa e/ou puntos municipais de recollida de biomasa para a súa venda a centrais de enerxía ou a proxectos de transformación, restauración de terreos, entulleiras e outros lugares degradados e contaminados, ao obxecto de recuperar a biodiversidade e a flora autóctona dos espazos naturais para aproveitamento comunitario e pequenas intervencións paisaxísticas de infraestrutura verdes ou reverdecimiento urbano, entre outras.
Por último, poderán financiarse solucións de mobilidade sostible, como proxectos innovadores para a comunicación entre municipios ou núcleos illados de poboación, actuacións de recuperación e uso alternativo de infraestruturas de transporte existente, e a adecuación de vías urbanas e de espazos públicos para a integración e o uso ordenado de solucións de mobilidade eléctrica.