O mítico Juan Corbalán ofrecerá unha charla en Riotorto sobre saúde, deporte e empresa

TerraChaXa | AMariñaXa
Será este sábado, no centro Avelino Díaz, a partir das 19.00 horas
charla-corbalan-riotorto
2 May 2025

Este sábado 3 de maio, ás 19:00 horas, o Centro Sociocultural Avelino Díaz das Rodrigas, en Riotorto, acollerá unha charla moi especial a cargo do doutor Juan Corbalán, histórico xogador de baloncesto e mítico base do Real Madrid.

Baixo o título Saúde, Deporte e Empresa, Corbalán reflexionará sobre como os valores do deporte —como o traballo en equipo, a superación, o respecto e a cooperación— poden mellorar o benestar das persoas e contribuír a un bo ambiente laboral, ademais de impulsar a produtividade nun mundo empresarial cada vez máis competitivo.

Esta visita do doutor Corbalán, que tamén é médico especializado en medicina deportiva, responde á invitación dunha riotortega da diáspora. O evento está organizado polo Concello de Riotorto e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

A cita será na Casa da Cultura Avelino Díaz, situada na rúa Circunvalación, 27, en Riotorto, e está aberta a todo o público interesado.

⚙ Configurar cookies
0.16967797279358