O Monte Abertal de Pol celebra unha asemblea este mércores

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Ten como obxectivo a poxa dun lote de madeira
aula-forestal-os-trollos-boveda
Zoelas
23 Xul 2024

A escola de Rioxoán, na parroquia polense de Valonga, acollerá este mércores, 24 de xullo, unha asemblea extraordinaria do Monte Abertal, da parroquia de Santiago de Milleirós.

A cita está prevista para as 14.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.00 en segunda.

Despois da lectura da acta da sesión anterior realizarase a poxa dun lote de madeira.

Na xornada abriranse as plicas das ofertas e se adxudicará se procede.

0.24640679359436