O Monte Caxado presenta esta noite o seu arquivo dixital
TerraChaXa
O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes presenta hoxe venres, ás 20:00 horas na Casa Dopeso, o arquivo dixital do museo.
10 sep 2021
O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes presenta hoxe venres, ás 20:00 horas na Casa Dopeso, o arquivo dixital do museo, que poñerá a disposición da veciñanza algúns dos documentos dixitalizados (fotografía antiga, documentación histórica e audiovisual) sobre a vila.
O acceso a este acto será de balde, cun máximo de 60 prazas, ata completar aforo.
O museo rematou, tras dous anos de traballo, a dixitalización de todos os seus documentos que realizarou a empresa Cultureume dende 2019 co financiamento do Concello das Pontes e a Deputación da Coruña. Son un total de 5.000 documentos os que ten o museo pero poñeranse a disposición do público uns 500 a través da web. Esta nueva páxina conta tamén cunha videoteca, e audioteca.