O Monte Caxado presenta o sexto número dos Cadernos do Museo
TerraChaXa
Será este venres, ás 12.00 horas na praza da Igrexa das Pontes
Carteis
11 Xul 2024
Vén de saír do prelo o sexto número dos Cadernos do Museo, financiado con cargo a unha achega económica de Cultura da Deputación da Coruña e realizado pola Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado. E como xa é tradicional presentarase o vindeiro venres día 12 de xullo ás 19:00 horas na praza da Igrexa das Pontes.
Con este novo caderno que leva por título O paso do tempo, quérese facer unha viaxe ao século pasado para ollarse na vila, a través de lembranzas e anécdotas recollidas por José María López Ferro, reflectidas nunha selección de vellas fotografías que integran o Arquivo Dixital do MEMC, e prologadas por Ramón Loureiro Calvo, escritor e xornalista fenés moi vencellado á vila.