O Moo Duk Kwan organiza este sábado unha conferencia sobre práctica deportiva nas festas vilalbesas

TerraChaXa
Será un acto aberto a todo o mundo, pero especialmente enfocado a deportistas e pais, así como para os profesionais
conferencia-artes-marciais-vilalba
Cartel
30 Ago 2024

O club Moo Duk Kwan, despois de perder a actividade Galibudo, deidiron crear un novo punto de encontro aberto ao colectivo do deporte, dende a perspectiva das artes marciais.

Así, teñen previsto celebrar unha conferencia onde se falará sobre o obxectivo principal da transmisión das artes marciais (aplicado a calquera disciplina deportiva), a práctica do deporte en valores, como orientar o desenvolvemento do practicante, os beneficios da competición, traballo en equipo, saber gañar e perder, contexto familiar, etc…

Será un acto aberto a todo o mundo, pero especialmente enfocado a deportistas e pais, así como para os profesionais. A cita terá lugar no Centro Cultural Recreativo, na Praza da Constitución, este sábado 31 de agosto de 2024 ás 19:00.

Un dos conferenciantes deste acto será Benjamín Reyes Martín, licenciado en medicina pola Universidade Complutense de Madrid e na Facultade de Medicina Tradicional China da Universidade de Beijing, mestre de Karate (Seidokai), membro dos servizos médicos durante o desenvolvemento da Olimpíada Special Olympics para persoas con discapacidades psíquicas Barcelona 1992, membro dos equipos médicos en multitude de eventos deportivos internacionais e mundiais (Bruselas, Estrasburgo, Polonia, Tokio, etc.).

Tamén estará Francisco Garrido, mestre de Tae Kwon-Do, cinto negro 8 Dan, medalla de ouro ao mérito deportivo pola Real Federación Española de Tae Kwon-Do, membro do Comité Marcial da RFET, excompetidor de elite (bronce mundial Ecuador 1982), exseleccionador e adestrador da selección catalana de TKD.

Completa a lista Francisco Ruiz Rey, ex presidente do Rácing Club Vilalbés 2013-2021, adestrador de fútbol nivel 2 e árbitro RFEF.

Alberto Cuevas Calderón pecha o listado, alumno directo do mestre okinawense Choyu Hentona dende 1974, cinto negro 7º Dan de Karate, 5º Dan de Ju Jutsu, 5º Dan de Goshin Jutsu, campión nacional de boxeo en 1981.

A sesión estará coordinada por Antonio Montes Hermida.

CONSULTA O RESTO DO PROGRAMA NESTE ENLACE

0.13239693641663