O Moto Club Rábade Biker’s organiza a súa segunda Papanoelada por varios concellos da Comarca

LugoXa | TerraChaXa
A xornada comezará ás 10.30 horas cunha concentración diante do Concello de Outeiro de Rei
papanpoelada-moteira-comarca
17 Dec 2025

Este domingo, 21 de decembro, celebrarase a segunda Papanoelada organizada polo Moto Club Rábade Biker’s, percorrendo os concellos de Outeiro de Rei, Cospeito, Rábade, Friol e Begonte. Esta actividade, que combina a paixón polas motos co espírito do Nadal, contará cun variado programa de eventos.

A xornada comezará ás 10.30 horas cunha concentración diante do Concello de Outeiro de Rei, seguida dunha ruta comezando por Cospeito para rematar ao mediodía na Area 507 de Outeiro de Rei.

Ao remate da xantar sairán ás 16.00 horas cara a Friol e despois a Begonte, onde visitarán o Mercado de Nadal para rematar ás 19.30 horas no Campo da Feira de Rábade.

O evento promete ser unha experiencia única para os amantes das motos e para todos aqueles que desexen gozar dunha tarde diferente en pleno Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.076102018356323