O Movemento pola Defensa das Pensións continúa con concentracións na Mariña

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
25 sep 2019

Os xubilados e pensionistas que conforman o Movemento pola Defensa das Pensións, Modepen, seguen saínda á rúa periodicamente en distintos concellos da Mariña lucense, como acontece cada venres ás 12.00 horas en Barreiros, unha manifestación que volverán repetir o  vindeiro 27 de setembro ata que os manifestantes consideren acadadas as súas pretensións de que o Estado conserve o estado do benestar e o sistema público de pensións que ven en serio perigo.

Tamén se concentrarán o vindeiro 26 de setembro diante do Concello de Mondoñedo. En xeral, para os interesados, a súa web, modepen.org, informa puntualmente de cada xuntanza.

O movemento a nível estatal chama a todos os interesados a manifestarse en Madrid o 16 de outubro, goberne quen goberne, apostillan.

0.076750040054321