'O mozo da última fila' estará no Pastor Díaz de Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
O sábado 14 de novembro segue a programación cultural, Redrum Teatro coa obra, O mozo da última fila, que será no Pastor Díaz de Viveiro.
104214824_3135483606516652_722951487526517519_n
12 Nov 2020

O sábado 14 de novembro segue a programación cultural, Redrum Teatro coa obra, O mozo da última fila, que será no Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.

A reserva de entradas será de xeito telefónico chamando ao 982 560 162 ou no enderezo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, de luns a xoves.  Este espectáculo terá un aforo máximo de 30 persoas.

A obra trata sobre Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Desde a súa estrea en 2006, O mozo da última fila leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por François Ozon, con guión do propio Mayorga e co título “Dans la maison”, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012. A obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.

103126083_3133100706754942_1682248579348295390_n
0.16144919395447