O Muimenta celebra unha festa e un xantar para festexar o ascenso
A Sociedade Deportiva Muimenta celebrará o 29 de xuño a primeira festa da sociedade aproveitando o ascenso que conseguiu este ano á Segunda Autonómica.
A celebración terá lugar no recinto deportivo da SD Muimenta a partir das 11.00 horas co celebración dun partido entre o equipo actual e outro formado por 'Vellas Glorias Muimenta'. Neste duelo deportivo poderán participar todos os veciños que o desexen e o comuniquen con antelación no teléfono 617 870 030 (Pena) e no 639 179 463 (Pino).
Ás 13.00 horas dará comezo unha sesión vermúa, antes do xantar popular que terá lugar ás 14.00 horas. Os interesados en participar no xantar poden adquirir o seu ticket en calquera bar de Muimenta ou nos mesmos teléfonos.
O prezo do xantar será de 15 euros para socios e 20 para os non socios. Para os menos de 12 anos será gratis.