O Muíño do Pan de Baamonde inaugurarase o sábado 18 de outubro

TerraChaXa
Durante o acto, farase unha visita guiada as instalacións e presentarase un documental que recolle a historia e os recordos vinculados ao muíño
muino-do-pan-baamonde-cercud
8 Oct 2025

O sábado 18 de outubro ás 12:00 horas, terá lugar a inauguración oficial do Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural Muíño do Pan Baamonde, un novo espazo dedicado á preservación e divulgación do patrimonio cultural da vila.

Durante o acto, farase unha visita guiada as instalacións e presentarase o documental A Memoria Viva do Muíño do Pan de Baamonde, unha obra audiovisual que recolle a historia e os recordos vinculados ao muíño, símbolo da identidade local e da tradición rural galega.

A celebración contará coa actuación do grupo de música tradicional Legua Dereita, dentro do programa Tradigalu, que engalanará o ambiente con sons autóctonos e festivos. Para rematar, os asistentes poderán gozar duns petiscos ofrecidos pola organización.

Este evento promovido polo Cercud Baamonde, marca un fito na recuperación da memoria colectiva e na promoción do turismo cultural en Baamonde, convidando á cidadanía a participar activamente na conservación da súa historia.

⚙ Configurar cookies
0.099815130233765