O muro de diante a igrexa de Arante de Ribadeo será arranxado

TerraChaXa | AMariñaXa
O muro de diante a igrexa de Arante de Ribadeo será arranxado, así o comunicou o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo.
101428077_2656788047897916_6222414946177646592_n
8 Nov 2020

O muro de diante a igrexa de Arante de Ribadeo será arranxado, así o comunicou o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, despois de xestionar orzamento.

O voceiro do PP ribadense sinala que “están comprometidos 5.000 euros para levantar este muro, unha vez remate todo o proceso de tramitación administrativa, os permisos das distintas administracións, que xa está iniciado”.

O voceiro explica que “tratamos de dar solución, deste xeito, a unha das problemáticas que nos trasladaron ao Grupo Municipal Popular  dende a asociación de Arante: o do muro de diante da igrexa parroquial que leva caído dende fai moitísimo tempo”.

“Esta reunión enmárcase nas que mantemos coas asociacións do rural de Ribadeo para escoitar tanto as súas iniciativas e propostas coma os seus problemas aos que tratamos de buscar solución”, conclúe Vega.

0.19829607009888