O museo da casa natal do Marqués de Sargadelos programa obradoiros para xullo e agosto
O casa natal do Marqués de Sargadelos é un museo que moitos visitantes da Mariña queren visitar. Ademais de ver o complexo histórico artístico da empresa de cerámica en Cervo e de contemplar a pequena estatua que representa ao ilustre no Pazo de Ibáñez ou Casa do Concello de Ribadeo, o lugar onde naceu o visionario burgués está en Santa Eulalia de Oscos, en Asturias.
Está aberto do 29 de xuño ao 15 de setembro, así como na Semana Santa e as pontes festivas, pero tamén calquera outro día baixo demanda se hai un grupo mínimo de catro persoas, pódese visitar a casa natal con visitas guiadas, cada hora desde as 11.30 horas da mañá e ata as 18.30 do serán. Só pecha os domingos á tarde e os luns. O prezo para os adultos é de 3 euros, o dos adolescentes de 1,50 euros e os menores de dez anos pasan gratis. Por dous euros máis, pódese ir tamén ao complexo etnográfico de Mazonovo. Está ubicado en Ferreirela de Baxo, en Santa Eulalia de Oscos. Os interesados en acodir poden chamar ao 676.814.094 ou o 985.621.295.
Ademais, en xullo e agosto ofrecen obradoiros para nenos e adultos como os destinados a facer xabrón artesán, os xoves, ás 12.30 horas, os de cosmética natural que hai os venres ás 12.30, os de prantas medicinais comestibles dos venres ás 17.30, os de cestería, os sábados ás 12.30, o de cata de cervexas artesáns os sábados ás 20 horas e os de arqueoloxía que serán os días 13 e 14 de agosto, tanto pola mañá, como pola tarde.