O museo das aves de Cospeito acollerá en febreiro unha exposición de Adolfina Mesa

TerraChaXa
O vindeiro 2 de febreiro a partir das 19:00 horas inaugurarase no museo das aves de Cospeito a exposición de pintura Cromatopía, da artista Adolfina Mesa.
O museo das aves de Cospeito acollerá en febreiro unha exposición de Adolfina Mesa
29 Xan 2019

O vindeiro 2 de febreiro a partir das 19:00 horas inaugurarase no museo das aves de Cospeito a exposición de pintura Cromatopía, da artista Adolfina Mesa. Dita Exposición está organizada polo Concello de Cospeito en colaboración con Culturalia GZ.
Permanecerá á vista do público durante todo o mes de febreiro en horario habitual do museo, ou mediante chamada telefónica previa ao Concello de Cospeito para concertar unha visita fóra dese horario de apertura.

A exposición Cromatopía desenvólvese coma un relato emocional no que o escenario de cor-espazo provoca que poidan coexistir distintos cronotopos que se artellan e relacionan na trama textual e cromática, creando unha atmósfera especial e un determinado efecto nas emocións dentro dun diálogo entre a obra e o espectador. Destaca a busca da artista orientándose cara as novas dimensións emotivas e concenptuais, afastándoa da realidade sen deixar de concebila.

Cromatopía leva á artista Adolfina Mesa a sentir a necesidade de non ser pintora simplemente, senón integrarse na estrutura diálogo e cromatismo, no que cor, forma, espazo e tempo transcendan dende o inédito cara ao permanente, aínda que sexa a costa de renunciar ás máis clásicas estéticas e diálogos, para acadar a sensibilidade de xeito harmónico.

 

0.091583013534546