O Museo de Lugo acolle unha mostra sobre o patrimonio da fortaleza de San Paio de Narla
Inaugurouse no Museo Provincial de Lugo a exposición do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento Os Nosos Castelos. San Paio de Narla e os seus señores, centrada no patrimonio histórico e monumental arredor da fortaleza de San Paio de Narla.
A mostra, organizada polo grupo de investigación Historia Social do Poder desde a Idade Media e comisariada polo historiador Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, consta dunha ducia de paneis nos que se abordan cuestións como o espazo señorial no que se sitúa a fortaleza, a súa evolución arquitectónica, as linaxes que medraron no seu entorno e a súa pegada documental e literaria.
Durante a inauguración fíxose un percorrido pola exposición guiado polo comisario e por membros do grupo de investigación que traballaron na súa organización e celebrouse unha mesa redonda de carácter divulgativo na se profundizou en distintos aspectos tratados na mostra.
Os Nosos Castelos. San Paio de Narla permanecerá aberta ao público no Museo ata o 12 de novembro.