O Museo de Lugo incorpora 28 obras do pintor de Castro de Rei Manuel del Río

TerraChaXa | LugoXa
O Museo Provincial de Lugo recibiu comodoazón 28 obras de Manuel del Río, natural de San Xiao de Mos, Castro de Rei
pintura manuel do rio museo de lugo
5 May 2023

O Museo Provincial de Lugo recibiu como doazón 28 obras de Manuel del Río (San Xiao de Mos, Castro de Rei, 1926-Oviedo, 2007). Trátase de 11 debuxos e 17 pinturas, óleos que representan, na súa maioría, paisaxes á beira do río Miño e que foron realizados nas década dos setenta.

As obras súmanse ás outras dúas que se conservan del no Museo dentro da colección de artistas becados pola Deputación de Lugo ao longo do século pasado. Con estas incorporacións, o Museo de Lugo convértese nun centro de referencia para estudar e valorar axeitada a obra do autor e transmitir o seu legado pictórico.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro, que participou no acto de recepción das obras, xunto a directora do Museo de Lugo Aurelia Balseiro e a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago, agradeceu “a xenerosa doazón a este centro museístico público por parte da súa viúva, quen nos transmitiu o desexo do pintor de deixar a súa obra en Lugo”.

Manuel del Río

Nado en San Xiao de Mos, en Castro de Rei, recibiu en 1945 unha bolsa da Deputación de Lugo para estudar para estudar na Escola de Belas Artes de san Fernando. Despois de rematar os seus estudos académicos marchou a París onde residiu ata 1958. A estancia na capital francesa foi transcendental na súa evolución artística xa que coñeceu o legado dos pintores impresionistas e postimpresionistas, que marcaron a súa obra.

Exerceu a docencia en Lugo onde participou nas tertulias do Café Méndez Núñez. En 1960 ocupou a praza de catedrático de Debuxo no Instituto Feminino de Oviedo e a partir de 1980 obtivo a cátedra de Expresión Plástica da Escola Universitaria de Maxisterio na capital asturiana.

Cultivou maiormente o xénero da paisaxe pertencendo á chamada “escola paisaxística ovetense” pero tamén está moi representada a pintura da súa época de París (1952-1958). Foi chamado o “Cézanne asturiano” polo seu estilo impresionista, mestre de artistas, o MPL organizoulle fai tempo unha exposición e en 1998 a Universidade e o Concello de Oviedo tamén lle fixeron unha mostra antolóxica.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18469500541687