O Museo do Castro de Viladonga abre o prazo de inscrición para o Campamento Castrexo

LugoXa | TerraChaXa
A primeira quenda terá lugar do 30 de xuño ao 11 de xullo (10 días)
museo-castrexo-castro-de-viladonga
19 Jun 2025

O Museo do Castro de Viladonga vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Campamento Castrexo, unha actividade lúdica e educativa destinada a nenos e nenas que queiran coñecer de preto a vida e a cultura dos antigos poboados castrexos.

As familias interesadas poderán inscribir aos seus fillos e fillas chamando ao 982 870 160. Para formalizar a inscrición será obrigatorio cubrir e asinar o formulario correspondente, dispoñible para descarga no perfil do museo ou na súa páxina web. O formulario tamén se pode recoller de maneira presencial nas instalacións do propio museo.

O campamento desenvolverase en catro quendas distintas, todas en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres laborables, e contará cun máximo de 15 participantes por quenda:

A primeira quenda terá lugar do 30 de xuño ao 11 de xullo (10 días); a segunda, do 14 ao 24 de xullo (9 días, con 1 festivo); a terceira, do 28 de xullo ao 8 de agosto (10 días); e a cuarta, do 11 ao 22 de agosto (9 días, tamén con 1 festivo).

O Campamento Castrexo do Museo de Viladonga é unha oportunidade para que os máis pequenos aprendan, xoguen e descubran a historia dun xeito divertido, nun contorno único e cheo de valor patrimonial.

⚙ Configurar cookies
0.1708779335022