O Museo do Castro de Viladonga acolle a exposición sobre os 25 anos da Muralla como Patrimomio Mundial

LugoXa | TerraChaXa
A mostra foi realizada en colaboración co Museo da Domus do Mitreo, onde tamén se poderá visitar
exposicion-viladonga-muralla-de-lugo
27 Dec 2025

O Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, xestionado pola Xunta, acolle ata o próximo 31 de xaneiro a exposición 25 anos da declaración da Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade.

O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, participou hoxe na presentación da iniciativa xunto coa directora do Museo, Elena Varela; e os comisarios da mostra, os arqueólogos Celso Rodríguez Cao – investigador da Muralla - e Diego Torres – técnico do Museo do Castro de Viladonga -.

A proposta foi realizada en colaboración co Museo da Domus do Mitreo, do Campus de Lugo da USC, e ten por obxecto difundir o extraordinario valor histórico, cultural e social do Monumento, no marco da celebración dos 25 anos do recoñecemento por parte da Unesco.

A exposición consta de 12 paneis conformados por textos e imaxes nos que se ofrece unha visión ampla da Muralla. O contido abarca o seu contexto histórico, a súa construción, as súas funcións, a súa evolución, o seu impacto urbano e as restauracións recentes.

O proxecto foi deseñado como unha mostra itinerante para lograr unha maior difusión entre o público. Así, está previsto que tamén poida visitarse en Lugo, na Sala de Exposicións do Museo da Domus do Mitreo.

⚙ Configurar cookies
0.070631980895996