O Museo do Castro de Viladonga acollerá un obradoiro de cerámica castrexa no mes de maio

O Museo do Castro de Viladonga organizará no vindeiro mes de maio un obradoiro de cerámica castrexa, unha actividade formativa e divulgativa que permitirá ás persoas participantes coñecer de primeira man as técnicas tradicionais de modelado cerámico empregadas nos castros galegos.
O obradoiro celebrarase en dúas sesións. O sábado 3 de maio, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas e o sábado 31 de maio, de 11:00 a 15:00 horas, data na que terá lugar a cocción das pezas nun forno aberto, sempre que o tempo o permita.
A actividade será impartida por Sandra Obarrio Fernández, da Fundación Terra Termarum, e contará cun número limitado de prazas, 15 persoas como máximo. A inscrición debe realizarse por orde rigorosa de chamada ao teléfono 982 870 160, tendo preferencia aquelas persoas que non participasen anteriormente neste obradoiro.
Trátase dunha oportunidade única para achegarse á cultura material da época castrexa e poñer en práctica técnicas ancestrais de forma artesanal.