O Museo do Castro de Viladonga organiza no Cebreiro un encontro de cestería
O Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, continúa coa súa programación de verán coa celebración no Conxunto Etnográfico do Cebreiro, do I Encontro Internacional de Cestería, o día 2.
Durante sete horas e media todas as persoas que se acheguen ao Cebreiro poderán observar o traballo de cestería con distintos materiais e técnicas, desde os traballos máis tradicionais ao máis artísticos. Participarán artesáns galegos procedentes de Pontevedra, Oia, Loberia, Sanxenxo, Outeiro de Rei, Carqueixea e Mazaricos, así como outros vidos de Tenerfe, Segovia e o País Vasco. Complétase con tres artesáns de fóra, como Aida Bairos de Portugal, Berit Ida de Alemaña e Joe Hogan de Irlanda.
Como remate do evento, terá lugar unha mesa redonda onde se debatirá sobre a artesanía como produto cultural e sobre os acatores do producto artesanal.
Para amenizar a reunión contarán coa presenza de Lupe Blanco e Kike Estévez que improvisarán coas súas regueifas.