O Museo do Castro de Viladonga retoma os obradoiros este mes
O Museo de Viladonga retoma este mes as súas actividades trimestrais con distintos obradoiros que se desenvolverán a partir do 23 de outubro, así como outras actividades culturais, que teñen programadas para o mes de decembro.
A programación iniciarase a fin de semana do 23-24 de outubro cun obradoiro experimental de cestería tradicional que estará ao cargo da artesá local Lola Tourón e que se desenvolverá. no Conxunto Etnográfico das pallozas do Cebreiro.
A seguinte fin de semana será a vez doutro obradoiro, neste caso de cerámica castrexa, que dirixirá a artesá oleira Sandra Obarrio dentro das instalacións de museo de Castro.
Xa en novembro, a fin de semana do 6 e 7 volverá celebrarse o obradoiro de cestería de Lola Tourón pero no museo de Viladonga mentres que o 13 están citados para unha formación experimental de textiles na antigüidade, a cargo de Miriam Fernández.
A programación continuará en decembro con senllas actividades culturais. A primeira será de maxia, a fin de semana do 13 e 14, a cago de Fani Triana e o 15 e 16 haberá contacontos de Paula Carballeira.