O museo do ceramista vivariense Otero Regal admite visitas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O complexo museístico do ceramista vivariense Otero Regal, Regal Xunqueira, pódese visitar.
69703589_656536348168397_8736849768040366080_n
18 sep 2019

O complexo museístico do ceramista vivariense Otero Regal, Regal Xunqueira, pódese visitar. Os que acuden ao recinte dispoñen dun programa audiovisual sobre a historia do recinto, que data do século XVII, e de Regal Cerámica.

Tamén poden pasearse polo museo da pel, o da cerámica, o souto da escultura e a sala de exposicións.

Aparte, poden participar nos obradoiros de Regal Cerámica e ver ao ceramista realizando unha das súas características pezas en vivo e en directo.

As visitas adoitan ser de dúas horas de duración, normalmente ás 11 e ás 5, todos os días excepto os domingos.

Os nenos ata dez anos poden entrar gratis e os adultos aboarán cinco euros, que se descontarán de calquer compra que fagan na tenda do complexo Regal Xunqueira.

Convén reservar para facer a visita chamando á oficina de turismo de Viveiro, en Regal Fontenova e no propio centro no teléfono 982 562 589.

0.18309307098389