O Museo do Mar de San Cibrao organiza esta tarde unha visita virtual

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Aínda que os museos permanecen pechados por causa do coronavirus, a Rede Museística da Deputación de Lugo segue organizando unha serie de actividades dirixidas a todo tipo de públicos, actividades que teñen por obxecto facer máis levadeira a cuarentena e, ao mesmo tempo, continuar co traballo de educación e difusión dos contidos dos museos.
27 Mar 2020

Así para hoxe día 27, ás 6 da tarde, haberá unha visita virtual ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao en Cervo, visita comentada na que todos aqueles que queiran poden intervir, pois se trata dunha visita participativa que se pode realizar a través dos seguine enlace: https://zoom.us/j/184732549

Máis información en http://redemuseisticalugo.org

0.18976497650146