O Museo Etnográfico Monte Caxado acolle a presentación do libro 'Mi vida en una poesía' de Ana González Ramil

TerraChaXa
A obra preséntase como un traballo íntimo e persoal no que a escritora percorre, a través do verso, distintas vivencias, emocións e lembranzas que marcan a súa traxectoria vital
presentacion-libro-poesia-ana-gonzlaez
27 Feb 2026

A Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado organizará hoxe, venres, ás 20:00 horas, a presentación do libro Mi vida en una poesía, da autora Ana I. González Ramil, nun acto aberto ao público que converterá o espazo museístico nun punto de encontro coa creación literaria.

A obra preséntase como un traballo íntimo e persoal no que a escritora percorre, a través do verso, distintas vivencias, emocións e lembranzas que marcan a súa traxectoria vital. Trátase dun libro no que a palabra poética serve de fío condutor para explorar a memoria e a sensibilidade, ofrecendo ao lector unha aproximación directa ás experiencias e sentimentos da autora.

O acto terá lugar nas instalacións do Museo Etnográfico Monte Caxado, un espazo vinculado á conservación da memoria colectiva e á dinamización cultural, que suma así unha nova actividade á súa programación.

Desde a organización animan á veciñanza e ás persoas amantes da literatura a asistir e participar nesta nova cita coa cultura, que combinará patrimonio e creación literaria nun mesmo escenario.

0.10988688468933