O Museo Etnográfico Monte Caxado acolle unha exposición de pezas de torno e talla en madeira

TerraChaXa
A mostra, organizada pola Asociación de Amigos da Madeira, reúne diferentes pezas elaboradas mediante técnicas tradicionais
traballos-madeira-as-pontes
14 Mar 2026

O Museo Etnográfico Monte Caxado, no concello das Pontes, acolle ata o vindeiro 15 de abril unha exposición de pezas de torno e talla en madeira que pon en valor o traballo artesanal e a tradición vinculada a este material.

A mostra, organizada pola Asociación de Amigos da Madeira das Pontes, reúne diferentes pezas elaboradas mediante técnicas tradicionais de torno e talla, permitindo ao público achegarse á arte da madeira e coñecer de preto a creatividade e o detalle que caracterizan este tipo de traballos artesanais.

A exposición pode visitarse no primeiro andar do museo desde o 1 de marzo. O horario de apertura é de martes a venres entre as 18.00 e as 19.30 horas, mentres que os domingos e festivos o horario será de 11.30 a 13.00 horas. A entrada realízase mediante achega voluntaria.

A iniciativa conta coa colaboración do Museo Etnográfico Monte Caxado e do Concello das Pontes, e ofrece unha oportunidade para descubrir e valorar o patrimonio artesanal vinculado á madeira.

0.13079500198364