O Museo Etnográfico Monte Caxado acolle unha mostra de artesanía en madeira feita por catro amigos ponteses

TerraChaXa
A exposición rende así homenaxe a unha tradición viva nas Pontes, e pretende tamén animar a outras persoas a mostrar as súas propias creacións
traballos-en-madeira-museo
14 Apr 2025

Está aberta ao público no Museo Etnográfico Monte Caxado unha exposición moi especial: arredor de 80 pezas feitas en madeira, froito da paixón compartida de catro veciños das Pontes pola carpintería, o torno e a talla.

Hai tempo que estes catro amigos comparten paseos matutinos e conversas arredor da madeira, un material fondamente vencellado á tradición local. Este ano decidiron dar un paso máis e amosar ao público os seus traballos, que se poderán visitar ata o 5 de maio. Son obras modestas, elaboradas con coidado e agarimo, e que agora queren compartir con toda a veciñanza.

A exposición rende así homenaxe a unha tradición viva nas Pontes, e pretende tamén animar a outras persoas a mostrar as súas propias creacións. Desde o museo lembran que o espazo está aberto a quen desexe expoñer os seus traballos ou afeccións, sempre que se adapten ás características do recinto.

A mostra permanecerá no Museo Etnográfico Monte Caxado ata o 5 de maio e poderá visitarase no horario habitual de apertura.

⚙ Configurar cookies
0.16129207611084