O Museo Monte Caxado abriu unha mostra de figuras do Neno Xesús
O Museo Etnográfico Monte Caxado acolle, desde o pasado 15 de decembro e ata o próximo 15 de xaneiro, unha exposición dedicada ás figuras do Neno Xesús, pertencente á colección de Manuel Ares Fernández.
Esta mostra ofrece unha oportunidade única para contemplar unha ampla selección de figuras representativas do Neno Xesús, reflectindo a arte e a tradición ao longo do tempo. A exposición estará aberta ao público en diferentes horarios: de martes a venres, de 18:00 a 19:30 horas e sábados, domingos e festivos, de 11:30 a 13:00 horas.
Organizada polo propio museo, esta actividade conta coa colaboración da Unidade Pastoral das Pontes e do Concello das Pontes. Trátase dunha excelente oportunidade para mergullarse no espírito do Nadal e descubrir un importante legado cultural e relixioso.
A entrada é gratuíta, sendo unha cita ineludible para veciños e visitantes interesados na tradición e na historia.