O Museo Monte Caxado ofrece unha exposición con 51 nacementos

TerraChaXa
O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes puxo en marcha unha exposición de nacementos, na que o visitante pode ver un total de 51 de beléns diferentes, nun proxecto que conta coa colaboración da Unidade Pastoral e o Concello pontés, Estes nacementos eran propiedade de Manuel Ares, que foi sacerdote das Pontes entre 2011 e 2022 que faleceu e a colección é propiedade agora da parroquia.
21 Dec 2023

O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes puxo en marcha unha exposición de nacementos, na que o visitante pode ver un total de 51 de beléns diferentes, nun proxecto que conta coa colaboración da Unidade Pastoral e o Concello pontés,

Estes nacementos eran propiedade de Manuel Ares, que foi sacerdote das Pontes entre 2011 e 2022 que faleceu e a colección é propiedade agora da parroquia.

A mostra inaugurouse o pasado día 13 e pode verse no primeiro piso do museo pontés, onde se habilitou unha zona de exposición no centro da sala. Estará aberta ata o próximo 7 de xaneiro.

Os visitantes poderán achegarse a coñecer a colección de Manuel Ares calquera día, excepto os luns, que pecha o museo. De martes a domingo, abre as súas portas só en horario de tarde, concretamente de 18.00 a 19.30 horas. Os sábados, domingos e festivos faino en horario de mañá, de 11.30 a 13.00 horas. Ademais, para concertar visitas para grupos, os interesados poden poñerse en contacto co responsable do museo no 670 509 697.

0.14295315742493