O musical “Cuento de Navidad” encherá de maxia o Auditorio Municipal de Vilalba o luns

TerraChaXa
A función preséntase como unha opción de lecer cultural dirixida a todos os públicos, especialmente ao público infantil e familiar
cuento-de-navidad-el-musical-presentacion
27 Dec 2025

O Auditorio Municipal de Vilalba acollerá este luns, 29 de decembro, ás 18:00 horas, o musical Cuento de Navidad, unha proposta pensada para gozar en familia e deixarse envolver polo espírito destas datas tan sinaladas. O espectáculo combina música, emoción e unha mensaxe cargada de valores que lembra o verdadeiro significado do Nadal a través dunha historia xa clásica no imaxinario destas festas.

A función preséntase como unha opción de lecer cultural dirixida a todos os públicos, especialmente ao público infantil e familiar, cun formato atractivo e dinámico que convida á participación e á reflexión, sen perder o ton lúdico propio do Nadal.

Trátase dunha actividade totalmente gratuíta, incluída dentro da programación de Nadal impulsada pola Alcaldía e pola Concellería de Infancia e Xuventude do Concello de Vilalba. O espectáculo chega á vila da man do programa DinamizArtJ, promovido polo Instituto para a Transición Xusta e pola Fundación Cidade da Enerxía, co obxectivo de achegar propostas culturais de calidade aos territorios.

As entradas xa se atopan dispoñibles e poden reservarse a través da web habitual.

⚙ Configurar cookies
0.082551002502441