O Náutico Folixa logra a primeira vitoria na categoría mixta veterano no Cidade da Coruña
Celebrouse na zona da solaina o I Cidade da Coruña de Dragon Boat, dentro da Semana Abanca, e da man do Concello da Coruña.
O Náutico Folixa deu a sorpresa e conseguiu a súa primeira vitoria en categoría Mixta Veterano, cun tempo de 56,75 segundos sobre os 200m. Estiveron acompañados no podio polos favoritos Rías Baixas Boiro e Ciudad de Pontevedra.
Formaban a tripulación gañadora Monti, Lena, Pepe, Gelo, Juan, Walas, Eli, Sinda, Tania, Nely con Raquel ao tambor e Iván de timoneiro.
O equipo do Folixa de categoría BCS (sobreviventes de cancro de mama) debutaba en competición cun meritorio 4º posto. Despois formaron parte da Cerimonia das flores, na que participaron todas as padexeiras BCS.
En categoría Open ao Folixa escapábaselle a vitoria despois de gañar a súa serie e sufrir unha polémica descualificación.
O Náutico Folixa pon fin á súa primeira tempada en competición cun gran resultado que anima aos seus padexeiros e padexeiras para novos desafíos en 2025.