O nome de Vilalba xa loce en cantería
TerraChaXa
Vilalba estreou, seguindo a moda da maior parte dos municipios, o nome de Vilalba en letras xigantes en plena praza da Constitución.
28 Dec 2021
O Concello de Vilalba estreou, seguindo a moda da maior parte dos municipios, o nome de Vilalba en letras xigantes en plena praza da Constitución.
Estas foron elaboradas seguindo a tipografía corporativa do Concello, en cantería pola man do canteiro local José Gómez de Bernardo, unha obra que tiña que terse presentado antes pero que se foi retrasando pola covid.
Esta iniciativa enmárcase dentro do plan de promoción e embelecemento do centro urbano, no que tamén se inclúen actuacións de humanización de espazos ou murais en fachadas como os pintados recentemente xunto ao auditorio ou o consistorio.