O novo comité de empresa de Alcoa anuncia máis manifestacións
O novo presidente do comité de empresa da planta de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, de Comisións Obreiras, confirmou que seguirán coas mobilizacións para reclamar medidas que garantan a produción de aluminio e o mantemento dos postos de traballo na factoría mariñá.
Así, os novos cargos do comité de emrpesa son o de José Antonio Zan, de CC.OO., como novo president; María Soledad Alonso Campo, tamén de CC.OO., a nova secretaria; o vicepresidente é Alberto Pulpeiro, do mesmo sindicato; o vicesecretario é José A. Maseda Vidal, de CIG, e tesoreira, de novo María Soledad Alonso Campo.
Zan, lembrou que os sindicatos do comité de empresa xa están traballando, á espera de que o Goberno de España tome as medidas necesarias. Engadiu tamén que os sindicatos están de acordo coa necesidade de facer visible este problema xa que as solucións dependen de decisións que teñen que tomarse en Madrid.
Por isto, anunciouse que haberá outras dúas grandes mobilizacións, unha en Lugo e a outra en Madrid, para reclamar un prezo da enerxía equiparable a países europeos como Francia ou Alemaña.
A vindeira manifestación será en Foz o 4 de decembro e será a cuarta no calendario de mobilizacións previsto en colaboración cos municipios da comarca, logo das celebradas en Xove, San Cibrao, Burela e Viveiro.
A cita será a partir das 20.00 horas na praza de Conde Fontao