O novo Goberno de Vilalba incluirá cambios no acto de lectura do pregón das patronais
O novo equipo de Goberno implantará varios cambios na estética dos actos festivos organizados polo Concello nas festas patronais de San Ramón e Santa María, que terán lugar a finais do mes de agosto.
Unha das actuacións foi o cambio dalgunhas das ubicacións de feirantes e atraccións, realizadas como explicou a nova alcaldesa, Elba Veleiro, "en consenso con veciños e afectados".
Aínda así, o cambio máis grande polo momento, polo menos para este ano, é o cambio de formato e a estética da lectura do pregón, acto no que participaban as damas. Segundo explica a alcaldesa nesta ocasións o acto contará cun representante de cada asociación, sumando un total de 18, "nas que haberá tanto representantes femininos como masculinos". Segundo explica a alcaldesa, o obxectivo é "resaltar os valores de igualdade e modernizar esa imaxe que estaba anticuada cos tronos, as raíñas e as damas. Non é axeitado para o que consideramos do grupo socialista que debe ser un inicio das festas do sécuilo XXI".
O novo equipo de goberno non descarta plantexarse outro modelo para o próximo ano, pero por este ano "fixemos cambios só naqueles puntos que non estaban aínda pechados", di.