O novo mural de Diego As estará na rúa vilalbesa de Plácido Peña

TerraChaXa
O Concello de Vilalba xa ten ubicación para o novo mural no municipio, que realizará o artista urbano Diego AS na rúa Plácido Peña número 80.
ubicacion mural diego as vilalba
8 Xul 2022

O Concello de Vilalba xa ten ubicación para o novo mural no municipio, que realizará o artista urbano Diego AS na rúa Plácido Peña número 80.

No marco do proxecto do goberno local para impulsar este tipo de obras artísticas, o concello abriu un prazo para que os veciños puidesen propor espazos para Diego AS, recibindo oito propostas.

“Agradecemos a colaboración da veciñanza e, de feito, algunha das propostas poderemos utilizala nun futuro, pero nesta ocasión tanto o artista como o concello consideramos que a ubicación ideal é a do número 80 da rúa Plácido Peña”, explica o concelleiro Luis Fernández.

O Concello de Vilaba agarda que a obra estea rematada antes do mes de setembro. Diego As é un dos artistas urbanos de referencia, autor do coñecido mural de Julio César en Lugo, estreado con motivo do pasado Arde Lvcvs. Esta obra outorgoulle fama e recoñecemento internacional.

Dende hai meses, o Concello de Vilalba promove a creación artística en diversos puntos do municipio, que xa suman cinco murais: o dedicado a Agustín Fernández Paz e pintado por Mon Devane, na avenida Terra Chá; o mural na piscina municipal, de Iria Fafián; a obra na rúa Carmiña Prieto Rouco, de Pablo Lage (Van-Kraft); a pintura da rúa do Cotarón, de Miguel Peralta (Cestola na Cachola); e o mural na travesía dos Castros, de Lula Goce.

0.16520118713379